PORTADA ROTEIRO CASARES
Desde o Liceo de Ourense  a Fundación Carlos Casares  e a Editorial Galaxia, institucións ambas vinculadas dun xeito especial á memoria de Carlos Casares, queremos contribuír á que cidade que o viu nacer teña unha lembranza permanente na súa memoria, como acontece xa con rúas, prazas e monumentos doutros moitos puntos de Galicia. E nós queremos facelo tamén dun xeito especial, público e útil e unindo as vontades das institucións culturais ás que estivo ligado Carlos.
Sabemos a rendibilidade comunicativa que teñen os “roteiros literarios” e a súa rápida asunción polo mundo do ensino, a cultura e a sociedade civil. Ourense, conta desde hai anos cun exitoso “roteiro da Esmorga” que contribúe a que os estudantes e o público xeal se acheguen dunha forma lúdica e participativa á obra de Blanco Amor.
Agora queremos promover un “roteiro Carlos Casares” que consista nun paseo polo centro da cidade acompañado da lectura de textos das súas obras literarias, ensaísticas ou xornalísticas que evoquen estes espazos físicos ou personaxes con eles relacionados. Deste xeito fariamos un percorrido dobre, pola vida e obra de Casares, e pola cidade de Ourense.
Temos xa seleccionado un conxunto de textos e un percorrido, deseñado por un dos autores do roteiro da Esmorga,
O pasado sábado oito de marzo, xuntámonos no Liceo de Ourense, ás seis da tarde, e logo dun pequeno un acto de presentación pública, percorreremos unha parte do roteiro, coa lectura e comentario dos fragmentos seleccionados.
Album fotográfico do roteiro.
P3070001 P3070002 P3070005 P3070011 P3070014 P3070017 P3070018 P3070019 P3070025 P3070026 P3070027 P3070028 P3070030 P3070031 P3070034 P3070039 P3070041 P3070042

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *