XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA:  1ª Sesión: MARUJA MALLO

 

A primeira sesión das Xornadas sobre Viño e Cultura Galega, que contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, estivo  dedicada a glosar a traxectoria vital e a obra da artista galega Maruja Mallo, caracterizada polo seu talante persoal innovador e a súa obra pictórica vangardista, en permanente evolución e constante procura de novas formas de expresión. Foi admirada por Ortega y Gasset, Gómez de la Serna, Lorca,e gozou dun amplo recoñecemento internacional, do que da testemuña o feito de que a súa obra forme parte das coleccións dos museos máis emblemáticos.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios dos condutores das Xornadas, Xavier Castro e Uxía Blanco, foronse entreverando coa degustación dos viños da bitola Arco da Vella, que elabora uns caldos artesáns de salientable calidade con uvas procedentes das propias cepas centenarias, situadas en Beade – Ribadavia (na Denominación de Orixe Ribeiro). Deste xeito, a familia de adegueiros que puxo en pé Arco da Vella ven practicando o amor polos viñedos dende hai varias xeracións, desterrando da súa práctica vitícola o emprego de productos herbicidas e pesticidas. Súmase a isto a concienzuda aplicación na elaboración dos seus viños, e así é como consegue obter uns productos naturais de singulares características organolécticas que polo recendo, cor e padal fan que, con todo merecemento, os podamos inxerir na mellor xinea dos grandes ribeiros tradicionais, que estes adegueiros foron quen de preservar tan cumpridamente. Achegou esta adega o tinto Tarabelo, de cor bermella de cereixa, redondo, largacío e de gorentoso recendo, e non faltará tampouco un branco de resonancias célticas, Torque do Castro, de cabal intensidade, pleno e de prolongado post gusto, todo elo acompañado dun bos petiscos de pan de cea e porco celta.

Non faltou musica, baile, en fín un serán cheo de cultura, viño, amizade e boa convivencia, os que viñeistes esperamosvos na próxima, y os que a perdestes mágoa, e non perdades a seguinte.

1-XORNADA EMILIO-RODRIGUEZ TARABELO UXIA-BLANCO XAVIER-CASTRO01 XAVIER-CASTRO02 FIN-FIESTA---XORNADAS.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *