O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso

CONFERENCIA
Obra e vida do compositor mestre VIDE, de Ourense, a cargo de JAVIER JURADO

Javier Jurado é titulado superior en Música, licenciado en Historia e Ciencias da Música e doutor pola Universidade da Coruña coa tese A lenda de Montelongo: a zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego. É autor de numerosos libros e artigos relacionados coa pedagoxía musical e a musicoloxía, cinco deles sobre a figura do mestre Vide.

Pertence ao Consejo Científico Internacional da revista Música y Educación e é director de Etno-folk. Revista de Etnomusicología e da editorial Dos Acordes. Tamén destaca como relator en cursos de formación do profesorado.

Na actualidade dá clases de historia da música no Conservatorio Superior de Música de Vigo, así como no Máster de Investigación en Artes Escénicas da Universidade de Vigo e no seu programa de doutoramento.

Mércores 20 ás 20:30h no Liceo de Ourense.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *