OUTONO CULTURAL no SALÓN NOBLE do EL LICEO

5 de octubre,Viernes, 20.00 horas.
SALÓN NOBLE

CONCERTO GERMÁN DIÁZ. MÉTODO CARDIOFÓNICO

LATIDOS DE CORAZÓN EN VINILO, INSTRUMENTOS MECÁNICOS E ZANFONA

Germán Díaz: playasax, rolmónica cromática, caixa de música, órgano de barbaría, zanfona e live looping.
Germán Díaz é un músico poliédrico cunha fonda formación e traxectoria concertística. En solitario ou a través das múltiples formacións coas que colabora, cultiva estilos que van desde a música antiga até o jazz, a improvisación e a música tradicional, campos todos eles nos que é quen de imprimir un marcado selo persoal a través do seu instrumento, a zanfona, e da súa particular maneira de se enfrontar aos diferentes repertorios. Os seus numerosos proxectos están construídos a partir dos máis variados e “curiosos” pretextos. Método cardiofónico, está baseado nos ritmos do latexar do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e que editou en vinilo co mesmo nome. Toma como base eses latexos e crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que emprega e que len os cartóns perforados nos que están escritas as melodías. Con estes instrumentos, a zanfona e a gravación de bucles en directo, camiñaremos entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.

Organiza: ESPAZOS SONOROS
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *