Conciertazo do dúo formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) «Caamaño&Ameixeiras», un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz. Desde o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.
Viñeron a presentarnos o seu segundo albúm Quitar o aire(Raso Estudio, 2023) donde Caamaño&Ameixeiras resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, dando un volantazo ao seu son, elevando a mística e a profundidade e levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos más frontais e de músicas que saen das marxes dos xéneros.
Foi unha noite extraordinaria, un luxo de són, de luces e de posta en escea… norabora a todos os que o fiexestedes posible, e moitas gracias a máis de 170 persoas que quixeron abarrotar o Salón Noble do Liceo e quixeron estar con nos nesta tarde.