O LICEO DE OURENSE CONCEDE A MEDALLA DE OURO DA ENTIDADE

A DON XESÚS ALONSO MONTERO.

                      A xunta directiva do Liceo de Ourense, na súa última reunión e en virtude do establecido nos seus Estatutos, acordou unánimemente conceder a Distinción da Medalla de Ouro da Sociedade “El Liceo de Ourense” a D. Xesús Alonso Montero.

Así pois nesta tarde do 6 de xuño de 2023, o Liceo vestiuse de gala para facer entrega da mesma, nun acto que se iniciou coa música de José Luis Fernandez Carnicero, e a lectura dunha carta da Académica, Premio Nacional de Literatura e amiga do noso homenaxado Fina Casalderey.

 A continuación  o Presidente do Liceo, Xabier Casares Mouriño glosou a vida de D. Xesús Alonso Montero, que naceu o 28 de novembro de 1.928 en Vigo. Pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela, a terra dos seus pais. Pertence á xeneración de escritores que comenzaron a sua labor cultural despois da Guerra civil española; dende entón ven desenrolando un grandioso traballo en pro da cultura galega.

 Xesús Alonso Montero, dende hai moitos anos mantén unha estreita relación co Liceo de Ourense; son innumerables as conferencias dictadas na nosa sede, presentación de libros, tertulias. Sempre está disposto a colaboarar coa nosa sociedade en calquera evento cultural que se lle propoña. Así mesmo, aproveita calquera oportunidade, para reivindicarse como liceísta.

 

 A continuación fixo un discurso en «resposta do homenaxeado «Ourense, eido farturento de palabras, na miña biografía intelectual: discurso de gratitude».  Don Xesús declarouse un «prosista», devoto de Curros Enriquez, que non estudio para médico, avogado, veterinario ou farmacéutico, como era costumbre naqueles anos dos inicios do seu periplo vital, os seús páis apoiarono para ser o que quixo «ser filólogo», estudiar para «algo astrónomo».   Así emprendeu aquela viaxe en tren a Madrid, que costaba 111 pesetas en terceira, e que levaba máis de 9 horas. Así para estudiar filoloxía, para ser un «home da palabra», «para cultivar o seu amor pola palabra e o seu compromiso coa palabra».

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *