Emilio Rúa presentou hoxe no Salón Noble do Liceo de Ourense  o seu nóvo traballo , o libro-disco títulado «Lenda no Camiño».

Un traballo único en Galicia titulado Lendas no camiño. Un libro disco con 36 lendas que forman parte do acervo cultural galego pero sobre todo e o máis salientable e importante é que son un valor da tradición oral e que Emilio Rúa recupera convertendo os seus textos en 36 novas cancións. En cada unha delas reféxanse a toponimia de diversos puntos xeográficos de Galicia polos que transcorre o Camiño de Santiago, a simboloxía a través de elementos coma cruceiros, mosteiros, castros, castelos, etc, e como non as crenzas. Un traballo imprescindible para a nosa cultura.

Emilio Rúa é un dos autores importantes da música galega que acumula máis de150 creacións e pezas musicais propias a día de hoxe. Un traballador incansable da cultura galega que se reinventa a si mesmo constantemente pero sempre conservando a súa identidade musical que é auténtica e fan deste artista co seu modo de compoñer e interpretar un cantautor único.

 

 

A súa creación é sinónimo sempre de calidade en canto á súa música e os seus textos. Cunha imaxe artística chea de forza e personalidade propia que fai da súa música algo único e diferenciador. Cunha visión actual e moderna da mesma bebendo moitas veces da fonte do popular e tradicional galego e das súas raíces.

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *