A Deputación de Ourense colaborará apoiando a supervivencia do Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á membros da directiva do Liceo, encabezada polo seu presidente, Xavier Casares, coa que analizou a colaboración que o goberno provincial mantén con esta entidade cultural, tanto na programación de actividades como no mantemento e reforma da sede, o Pazo Oca-Sarmiento, construción datada no século XVI.
Manuel Baltar avanzou a colaboración da Deputación en varias actuacións que permitirán a supervivencia da entidade liceísta.
O Presidente do Liceo de Ourense agradece a cooperación da Deputación e do seu presidente coa entidade, que permitirá manter e conservar un patrimonio como é o Pazo de Oca-Sarmiento, utilizado non soamente polos socios do Liceo senón que tamén por moitos veciños da cidade e de toda a provincia de Ourense.