Extraordinario Concerto o que nos ofreceu Guillermo Rodríguez hoxe no Liceo, cun programa de gran dificultade, interpretado con virtuosismo, elegancia e paixón. Moitas gracias Guillermo polo teu traballo, polo teu talento, e polo teu ofrecemento a vir tocar o Liceo, agardamos que volvas pronto. Como xa dixemos un programa exixente con obras de Heitor Villa-lobos (1887-1959): Hommage á Chopin, W474 (1949); Frederic Mompou (1893-1987): Variations sur un thème de Chopin (1957); Fryderyk Chopin (1810-1849): Polonaise Fantaisie, Op.61 (1846); Manuel de Falla (1876-1946): Fantasía Bætica (1919).
Guillermo Rodríguez é un pianista nado na Coruña e residente en Bruxelas. A súa actividade artística levoulle a actuar en importantes escenarios tanto europeos como internacionais como o Palacio da Ópera da Coruña, Auditorio de Galicia, Foro Nacional de Música de Breslavia, Teatro Real da Moeda de Bruxelas, Museo Karol Szymanowski «Atma», «Aula Nova» Poznan, Musik – und Kongresshalle Lübeck, Ópera de Kiel ou Palacio Antonin, entre outros. Foi convidado a participar en festivais como «Muzyka Ameryki Laczynskiej», «Wszystkie Sonaty Fortepianowe Beethovena», «Duetissimo International Piano Festival», “Mikstury Kultury” en Polonia , «Cursos Manuel de Falla» Granada, «Son Futuras Jóvenes Promesas» A Coruña, «Coimbra World Piano Meeting» en Portugal, e o «Tel Hai International Piano Festival» en Israel. Actuou tamén para Radio Clásica de Radio Nacional de España e para a Canle Cultural do Perú.
Guillermo foi premiado en diversos concursos nacionais e internacionais como «Asgaim 2006», «VI Concurso Musical Museo de Arte Contemporánea – Unión Fenosa 2013» e o «IV Ogólnouczelniany Konkurs GRAM Z ORKIESTR» 2016.
Colabora frecuentemente como pianista coa Orquestra Gaos, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra da Monnaie de Bruxelas e a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, e toca como solista con orquestras como a Orquestra Sinfónica de Kalisz.
Nestes últimos anos Guillermo dedica gran parte da súa actividade concertística á música de cámara, sendo actualmente membro do Trío Khymeia coa violista polaca Barbara Papierz e o clarinetista español José Luis García Balaguer, así como do Dúo Borges co oboísta venezolano Jesús Colmenárez. Ambos os grupos traballan baixo a tutela de Diethelm Jonas e José Franch Ballester respectivamente.
Guillermo estudou en España con Irina Moryatova e Ricardo Requejo, na Academia de Música de Cracovia con Andrzej Pikul e na Musikhochschule Lübeck con Konstanze Eickhorst, obtendo sempre a máxima cualificación no recital final de carreira. Actualmente continúa a súa formación xunto co pianista serbio Aleksandar Madžar.
Complementa os seus estudos asistindo a clases maxistrais con pianistas como Dmitri Alexeev, Stefan Arnold, Paul Badura-Skoda, Dmitri Bashkirov, Galina Eguiazarova, Claudio Martínez Mehner, John O’Conor, Victor Rosenbaum, Tamás Ungar, Aquiles delle Vigne e Tatiana Zelikman, entre outros.
Foi becado pola AIE (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes de España) entre 2017 e 2020.