Hoxe, proseguindo coa senda dos concertos no noso Salón Noble, estivo ocupando o escenario do Liceo de Ourense o cantautor ourensán Emilio Alonso, quen coa sensibilidade das súas composicións nos fixo disfrutar dunha tarde chea de maxia e boa música. Unha preciosidade de concerto que ademáis tivo algunha sorpresa sobre o escenario.
Moitas gracias Emilio e moitas gracias a todos os que ocupastes o aforo que nos permiten as autoridades sanitarias.