Na tarde de hoxe, e depois da oportuna convocatoria estatutaria, ainda que por primeira vez fora do mes de febreiro debido as limitacións polo Covid-19, celebrouse no Salón Noble do Liceo a Asemblea anual de Socios.

O Presidente, Xabier Casares Mouriño fixo unha exposición do acontecido no pasado ano en forma de Memoria, no que manifestou  que cando hai sete anos, se fixo cargo esta Xunta Directiva, marcouse unha línea de actuación que trataron de levar adiante con coherencia, e sendo fieis á traxectoria que, dende a súa fundación, puxo ao Liceo nun elevado nivel de prestixio cultural e social entre a ciudadanía ourensán.

É unha realidade, que algunhas entidades similares á nosa, tiveron e siguen tendo dificultades para manterse en pé; aquí en Ourense. Algunhas sociedades de recreo e cultural, téñense visto obrigadas a pechar as súas portas, e outras pasan por serias dificultades para sobrevivir. Con esta realidade, é necesario que a Xunta Directiva e os socios asumamos o reto de traballar para manter vivo o Liceo, e continue sendo un importante referente cultural e social na nosa cidade.

Outro compromiso, foi darlle prioridade ao manteñemento do edificio que nos aloxa, e que é propiedade de tódolos socios, para que non sufra o deterioro que, inevitablemente, marca o tempo. É bo recordar que nunha primeira fase, renovaronse totalmente os baños da planta baixa e os da primeira planta, e cambiouse o tellado na súa totalidade.

Este exercicio caracterizouse por un acontecemento que alterou significativamente a vida de tódolos cidadáns, no que fai referencia á saúde, á economía e, mesmo, á forma de relacionarnos. E, por suposto, alterou a vida da nosa sociedade.

Dende o mesmo momento no que se declarou a pandemia do coronavirus, seguimos rigurosamente as directrices marcadas polas autoridades sanitarias, o que nos levou a pechar as nosas instalacións dende o 15 de marzo ao 25 de maio do 2.020, e dende 20 de xaneiro ao 17 de febrero do 2.021.

Aproveitamos este tempo para realizar unha serie de obras no edificio. As obras realizadas neste tempo foron: Retirada do espello da escaleira que da acceso á Praza do Obispo Cesáreo, que estaba en moi mal estado, co perigo de que se desprendera algunha peza que poidera lesionar a algún usuario. Reparáronse, no segundo piso, as baixantes de auga, que estaban producindo importantes humidades. Reparouse, tamén, o teito neste mesmo piso. Pintouse e adecentouse a sala que chamamos do “Jilei”. Restaurouse a sala de xogos, incorporando un zócalo de pladur para eliminar humidades; o mesmo se fixo na sala da TV e nos pasillos que dan acceso aos baños. Na terraza, cambiouse o metacrilato da pérgola, que estaba en moi mal estado, pintouse a fachada traseira, e arreglouse a arqueta, que estaba metendo humidades no edificio. No inicio deste ano, reparouse a zona da barra da cafetería.

Con estas obras, e coas relizadas no exercicio anterior, conseguiuse afrontar o que era máis perentorio no que fai referencia a obras a realizar. Ahora, temos o proiecto de reparar a zona administrativa: sala de xuntas, secretaría, sala adxunta e peluquería.

Unha vez que se permitiu a apertura da sociedade, fixémolo con todas as medidas de seguridad establecidas, adoptando o lema de “O Liceo, espacio seguro”. En este tempo os socios puideron restablecer as súas tertulias, lectura de prensa, e adicarlle tempo ao ocio. É de xusticia recoñecer que o comportamento dos socios foi, en todo momento exemplar, seguindo escrupulosamente as directrices marcadas.

Así mesmo, levouse adiante a programación cultural que nos caracteriza: conferencias, presentación de libros, exposicións, programación musical.

Non sabemos canto tempo durará esta situación, pero seguiremos ofrecéndolle aos socios a posibilidade de que fagan uso de esta súa casa con total seguridade.

No aspecto económico expuxose a situación da sociedade, que sin ser, precisamente moi boiante, pódese dicir que o plan de aforro diseñado, cando esta direciva se fixo cargo da sociedade, deu resultado; esto unido ás subvencions recibidas por parte de organismos oficiais, concretamente, Xunta de Galicia e Deputación, así como o alquiler de locales, permitiunos levar adiante as obras anteriomente reseñadas. De calquera xeito, sociedades como esta teñen que manterse coas cuotas dos socios. É aquí onde temos o principal reto, xa que ano tras ano o número de liceistas desminue. No momemento actual somos 541. É necesario que nos impliquemos todos en ampliar a masa social. Si cada liceista, adquirise o compromiso de facer un novo socio, alcanzaríamos a cifra de 1.082 socios, o que nos permitiría camiñar sin problemas.

Os licistas sentímonos moi orgullosos da nosa Coral, a Coral do Liceo dirixida por doña Yolanda Grela Betoret, que conta coa admiración e cariño de tódolos socios.

Supón unha grande satisfacción contar cun Club de Xadrez que dirixe o membro da directiva Joaquín Bello e que está patrocinado polo Grupo Academia Postal; que nos está proporcionando moitas alegrías polos éxitos acadados.

Estamos, tamén, moi satisfeitos polo impulso que estamos observando no xogo do villar, debido o entusiasmo dun grupo de socios e da implicación do directivo José Luis Rodriguez Carnicero.

Seguimos colaborando coa Sociedade Filatélica Miño e coa asociación “Os Cogordos”, cuias exposicións representan xornadas de significado valor para os liceistas e para os ourensans en xeral.

O Presidente non quixo rematar, sin ter un cariñoso recordo para duas persoas moi ligadas a esta casa, que xa non están entre nós: Pepe Fernández, que foi Presidente de outono de 1.971 a Xaneiro de 1.976 e de Álvaro Rodríguez Casasnovas , que foi tesoreiro e secretario dende o ano 1.978 ata o 2.002. Ámbolos dous eran Socios de Honor.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *