Extraordinaria a Conferencia que impartiu Afonso Vázquez-Monxardin Fernández, co titulo ‘‘A revista Nós e Ourense’’ , no serán de hoxe no Salón Noble do Liceo, o profesor, amigo e Socio do Liceo Afonso Monxardín fixo un percorrido coa Revista Nós polos persoeiros que a crearon, que escribiron, que divulgaron, moitos deles Socios do Liceo tamén, e que neste mesmo Salón Noble impartiron un bo número conferencias. Así estiveron «presentes» onte no Liceo, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol, Xoaquín Lorenzo «Xocas», Castelao, etc. En definitiva unha visión moi completa na disertación do profesor Monxardín, a quen agradecemos moito a súa colaboración permanente la vida cultural da cidade de Ourense en xeral e do Liceo en particular.
A presentación correu a cargo do Presidente do Liceo Xabier Casares.