Na tardiña de hoxe Xabier Vizcaíno volveu o Liceo de Ourense cun novo traballo íntegramente en galego. Un libro disco que leva por título “Neno de Monte” onde fai unha homenaje ao mundo rural, ó monte  onde reside o autor. O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engrasadas e que contan historias que foron creadas na Palleira, o estudo de traballo que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole. Eso lle da forza para seguir facendo camiño nesta carreira de fondo.

Esta actividade levouse a cabo o amparo do «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia», a quen lle queremos dar a gracias por acoller tan ben esta idea.

Esta actividade levouse a cabo con todas as medidas e os  aforos derivados do Covid-19. Gracias a todos os que acudistes, e todos aqueles, que foron moitos que quedaron sen sitio.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *