Na tardiña do 22 de marzo na Aula de Cultura do Liceo presentamos a última novela do escritor da limia, e amigo desta «casa», Anton Riveiro Coello, titulado, ben titulado, «Laura no Deserto». O Autor estivo acompañado por Serafín Alonso e Carlos Lema, Director de ediccións da Editorial Galaxia.

 

A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria.

Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *