Como xa ven sendo habitual a Sección de Literatura do Liceo de Ourense celebra cada ano o Día Mundial da Poesía  adicándolle este ano esta Xornada a recordar o noso poeta Celso Emilio Ferreiro.  E a millor maneira de facelo non se nos ocurre outra que facer unha lectura de Poemas do autor celanovense a cargo alumnas e alumnos dos Institutos Otero Pedrayo, Celanova, Blanco Amor, A Carballeira e Carmelitas. O acto estivo introducido por Teresa Devesa. Dende a Sección de Literatura queremos agradecer a todos i cada un dos alumnos que participaron no acto, así como de maneira moi especial os seus profesores, que acudiran a esta convotoria, que resultou ser unha tarde chea de poesía, chea de luz, e chea de ilusións. Moitas, moitas gracias.

 

 

 

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.