I Foro de Inversores «Ourense Capital Termal».

(Información de www.tempodelecerourense.com)

termasO Liceo de Ourense acolle durante os días 17 e 18 de xaneiro a celebración do 1º Foro de Inversores «Ourense Capital Termal», unha actividade organizada polo Concello de Ourense co financiamento do Instituto de Turismo de España que ten por obxectivo atraer a novos inversores á cidade. A principal finalidade do encontro é posibilitar a concreción de proxectos de investimento privado para contribuír á creación de riqueza e posibilitar a xeración de emprego na cidade.

Entre os asistentes figuran inversores nacionais e internacionais, de países coma Venezuela, Brasil ou Portugal, empresarios hosteleiros vencellados ao sector termal, representantes e directivos de sociedades de inversión, empresas de turismo, urbanismo e arquitectura, directivos comerciais e inmobiliarios ou avogados.

O foro acollerá a máis de 50 profesionais do sector termal e outros tantos técnicos locais e nacionais que exporán e darán a coñecer as potencialidades de Ourense coma destino de inversión termal.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *