Presentamos hoxe no LICEO o novo disco de MARIA DO CEO, «GALICIA NAI», e van xa dezasete, adicado en corpo e alma a Galicia. Con este novo disco María do Ceo, a cantora galaico-portuguesa, celebra vintecinco anos de carreira, converténdose deste modo na voz que máis musicaliza poetas galegos. Neste Libro disco está presente Rosalía de Castro, Neira Vilas, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero.
María do Ceo estivo acompañada polo presidente do Liceo Xavier Casares Mouriño; o presidente do Foro Enrique Peinador e autor do prólogo do disco, Xosé González Martínez; Armando González López, poeta, autor de 3 dos temas, e polo Secretario xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia, Valentín García.
Unha honra acoller este acto no Liceo, onde María do Ceo está na súa casa, onde presentou os seus ultimos traballos, e onde será sempre benvida para todo o que quiera por en marcha. Moitas gracias a todos os que abarrotástedes o Salón Noble do Liceo.