grial liceoMañan xoves as 20 horas no Salón Noblle terá lugar a

Presentación en Ourense da revista GRIAL, un número dedicado a Carlos Casares.

Acto cultural no Liceo de Ourense o xoves, día 17 de xaneiro, coa presentación da revista Grial 196, publicación que dedica o seu último número a Carlos Casares.

 

O acto está previsto para as 20.00 horas e contará coas intervencións de Xavier Casares, Dolores Vilavedra e os co-directores da publicación: Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes.

 

Carlos Casares foi director de Grial durante os anos 1989 e 2002. Foi tamén director xeral de Galaxia. Cando se cumpren dez anos do seu pasamento (Vigo, 9 de marzo de 2002) a revista que dirixiu e renovou durante ese período dedica as súas páxinas á súa lembranza: como escritor, como editor e mesmo como cidadán. Ángel Basanta, María Dolores Villanueva, Ana Luna, Iolanda Galanes e Damián Villalaín, coordinados por Dolores Vilavedra, achégannos a distintos aspectos da súa obra e da súa persoa.

 

Os traballos recollen algunhas intervencións do curso de verán que organizou hai algúns meses a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, dirixido pola profesora Dolores Vilavedra, e que se celebrou no Consello da Cultura Galega. Editorial Galaxia dedicou durante este ano especial atención á obra de Casares, dixitalizada e accesible mesmo en formatos ebook. Durante os últimos 12 meses mantivemos activo un Blog dedicado á súa obra.

 

Neste número 196 da revista, Ángel Lasanta aborda a obra narrativa de Casares, María Dolores Villanueva a súa condición de editor, Ana Luna e Iolanda Galanes tratan das traducións e da súa actividade como tradutor, e Damián Villalaín, que foi director de edicións con Carlos Casares en Galaxia, fai unha semblanza da persoa e do cidadán.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *