Extraordinario Concierto el que tuvo lugar esta tarde no Salón Noble del LICEO a cargo de Pilar Moráguez (Soprano) e Arabel Moráguez (Piano), cun programa baixo o título de «Cuba e Galicia en Canción».
Cuba e Galicia en canción é unha travesía sonora entre dúas beiras do Atlántico unidas por fondas afinidades culturais, históricas e emocionais. A través da canción de concerto dos séculos XX e XXI, o programa debuxa un percorrido que vai dende a introspección poética da tradición galega ata a riqueza rítmica e expresiva da música cubana.
A primeira parte, centrada en Galicia, constrúe unha paisaxe íntima onde a palabra e o son se funden nunha estética de raíz lírica e evocadora. As obras de Juan Durán, xunto coas propostas de José Luís Pedrosa, Delfín Álvarez Martínez e Pablo Beltrán sobre textos de Lois Pereiro, revelan unha identidade sonora que bebe da tradición, da natureza e da memoria.
Na segunda parte, Cuba emerxe como espazo de mestizaxe e vitalidade. A canción de concerto transfórmase progresivamente, incorporando elementos do teatro lírico, da canción popular e das raíces afrocaribeñas. Figuras como Ernesto Lecuona, Gonzalo Roig ou Eliseo Grenet amosan a riqueza dun repertorio onde conviven a elegancia melódica, o ritmo e a expresividade directa. O resultado é un diálogo musical que transcende a xeografía, establecendo pontes entre tradición e modernidade, entre raíz e identidade, entre dúas culturas que, malia a distancia, comparten unha mesma pulsión lírica.
Moitas gracias os irmáns Moráguez (Pilar e Arabel) por traernos o voso talento o Liceo, e tamén moitas gracias todos os que nos acompañaron nesta tarde..


