Xenerosidade, lealtade. Así calificou a Francisco Nóvoa Rodríguez, o Presidente do Liceo, Xabier Casares, a un home xeneroso e leal. Paco, durante 16 anos, exerceu como vicepresidente da Xunta Directiva do Liceo, cargo que desempeñou con entrega e dedicación. Paco a través da Academia Postal suvencionou a implantación da escola de xadrez no Liceo, o que permitiu que moitos pequenos se iniciasen nesta disciplina, conseguindo importantes éxitos nos torneos nos que ten participado, ademáis de trasladar esta escola a distintos centros de ensino da provincia.
Paco Nóvoa traballou arreo en proxectos para levar adiante esta sociedade que xa cumpliu 175 anos, por todo eso, a Xunta Directiva quixo agradecer a sua traxectoria como membro da mesma, concedendoche a Insignia de Ouro do Liceo.
