Presentouse hoxe no Liceo  en rolda de presenca coa participación de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüistica, e Xabier Casares, Presidente do Liceo a Programación do proxecto cultural «OURENSE UNIVERSO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO», o amparo do da segunda convocatoria para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüísticos do denominado Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

Pretendermos reinvidicar e por en valor a nosa lingua, a nosa literatura, o noso patrimonio cultural, con este proxecto multidisciplinar i para todas-las idades, dende nenos a maiores, con seis actividades , ben distintos, pero co mesmo obxetivo fundamental, co seguinte programa:
I.- Concerto do cantautor Emilio Rua co título «A canción de autor de Ourense».
21 anos na carreira discográfica de Emilio Rúa dende o ano 2000 con 11 discos dan para máis de 150 creacións, cancións propias. A música e a creación de Ourense conta cun dos maiores persoeiros da canción de autor. É moi importante para o eido cultural e artístico da provincia a creación de novas cancións e composicións.
Un espectáculo íntimo pero que se ve acrecentado por unha posta en escena diferente no que unha voz en off recita, narra e introduce algunha das cancións xunto coa combinación do audiovisual a través de imaxes proxectadas, así coa iluminación específica para este concerto fan que sexa algo novidoso e moi atractivo.
A canción de autor viva na guitarra e na voz de Emilio Rúa que así mesmo se espalla por todo o mundo dentro e fóra da provincia compartindo escenario con grandes artistas como Víctor Manuel ou Pablo Milanés e chegando en varias ocasións á Río de Janeiro, Santos, Bos Aires, San Fe, Rosario, Santiago de Chile, Valparaíso, Lo ndres, Leeds, etc. De Ourense ao mundo.

II.- Concerto da artista María do Ceo, acompañada dos seus músicos, co título «Ourensanía», no que se pon en valor os escritores de Ourense , como Carlos Casares, Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices, Blanco Amor, Luis González Tosar, Manuel de Dios, Ferrin.

III.- Un espectáculo narrativo a cargo do actor e director de teatro Cándido Pazo, co título «Ourense sementando polo mundo». Os nosos emigrates dende fináis do século XIX ata mediados do XX, foron sementando polo mundo, Cuba, América latina, Europa e logo outras comunidades españolas – especialmente o País Vasco e Barcelona-, as nosas tradicións orais, os nosos contos, a nosa literatura.

IV.- A narración a cargo do actor e director teatral Avelino González , da vida e da obra de «Don Vicente Risco.- RISCO CONTANDO . A TODO RISCO».
Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era. Foi moi querido (quero que me queiran como Otero quixo a Risco). A chave está nesta ollada. Fráxil, vulnerable, sobre un corpo vestido con gusto. Nos corpos fráxiles pódense ver as inclemencias do tempo: Nos xuncos ves a forza da corrente, nas pólas a forza do vento. Fraxilidade non é sinónimo de febleza. Ás veces si.
Risco era persoa coidadosa e fráxil e curiosa. A curiosidade sempre leva aparellada fraxilidade porque sempre custiona o coñecido. É a chave do coñecemento e do progreso. E da vulnerabilidade. A chave está nesta ollada que retratou Castelao: Cósmica, cómica, e asombrada

V.- Recital de Poesía a cargo da actriz LUCIA ALVAREZ.
Un intenso percorrido literario pola poesía dos poetas e das poetísas ourensáns, que fixeron e fan de Ourense un universo literario único, así pasaremos pola obra de Curros, Celso Emilio, Pura Vázquez, Antón Tovar, José Ángel Valente, Victor Campio, o xa máis contemporaneas como Monste Villar, Chus Pato, Celia Parra, Alba Cid, Yolanda López.
O recital estará acompañado por música en directo, así como unha iluminación específica para este evento.

VI.- Teatro » O Secuestro da Bibliotecaria» a cargo da compañia SARABELA.
É unha peripecia divertida e refrescante que aposta polos valores da solidariedade e o amor á literatura. A señorita Ernestina, a bibliotecaria da vila de Parangón, é secuestrada por unha banda moi peculiar. Os seus plans veranse truncados polo contaxio da varicela (con grans non asustan a ninguén), e a entrada da literatura na súa vida fará que vaian cambiando de propósitos. A cultura como valor fundamental para todas as idades, as pequenas e pequenos desfrutando cos seus acompañantes (recomendada a partir de 6 anos). Un espazo como o Liceo, centro de actividade cultural, para amosar unha obra teatral que apela ao valor da literatura para transformar ás persoas.

Esperamos e desexamos a boa acollida do público para este proxecto cultural e multidisciplinar i para todas-las idades, «OURENSE UNIVERSIO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO».

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *