No serán de hoxe no Salón Noble da nosa entidade tivo lugar a Conferencia de Afonso Vázquez-Monxardin Fernández, co titulo ‘‘Afonso X, Ourense e as Cantigas de Santa María’’ . O profesor Monxardín de maneira extraordinaria fixo un percorrido erudito sobre a vida de Afonso X o Sabio, e sobre as Cantigas de Santa María e a súa vinculación con Ourense.
Así nos contou que Alfonso X naceu en Toledo en 1221, primoxénito do Rei Fernando III e de Beatriz de Suabia, foi o rei de Castela e León dende 1252 hasta 1284, ano no que morreu en Sevilla. O seu gusto polo galego como lingua poética, levouno a impulsar a lírica galaicoportuguesa a que contribuiu coas 44 cantigas profanas, na súa maioría satíricas e sobretodo a elaboración dun corpus de cantigas de temática relixiosa, as Cantigas de Santa María. Elaboradas a mediados do século XIII constituien o cancioneiro relixioso medieval da literatura en galaico-portugués, frente o profano que estaría constituido polas cantigas de amigo, de amor e de escarnio. A beleza dos códices que as conteñen, por número e por temática, constituen un feito sen precedente na historia da música medieval de Occidente. Son 427 composicións na honora da Virxen María, das que 356 son cantigas que narran os milagros da Virxen María. Algunas delas explicou o Profesor Monxardín ubicadas en terras ourensáns. Monxardín destacou que a Cantigas de Afonso X supeñen o maior legado da cultura e da lingua galega o mundo.
Moitísimas gracias Afonso polo teu traballo e pola túa exposición, unha honra para o Liceo terte como Socio e como espallador da nosa cultura.