Na tarde de hoxe o Xefe do Servicio do Centro de Saúde da Carballeira e Sexólogo LUIS PRIETO ROBISCO disertou nunha extraordinaria Conferencia co título «Sexo coa luz prendida». O Dr. Prieto fixo un percorrido do sexo, da súa importancia nas relacións dos seres humanos, dende os inicios da historia da humanidade ata os noso días, unha intervención clara e precisa, didáctica pero non exenta do bo humor. Un luxo a oportunidade que nos brindou Luis Prieto de escoitalo e aprender, unha marabilla para todos os que asistiron a este acto que encheu o Salón Noble do Liceo.