A Fundación Carlos Velo e o Liceo de Ourense organizaron o I FORO CARLOS VELO, cun ciclo de cine e un coloquio con cada unha das películas proxectadas.

O Ciclo foi presentado por Xabier Casares, no primerio día, para despois facer o pase das curtas ‘‘La ciudad y el campo’’ e ‘‘Felipe II y el Escorial’’. Coloquio moderado por Miguel Anxo Fernández.

O Segundo día a presentación foi a cargo de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Comunicación Audiovisual de Santiago de Compostela, para presentar a proxección de “Torero”. Estivo acompañado de Armando González, ámbolos dous membros da Fundación Carlos Velo.

O terceiro día foi o pase da longametraxe de ‘‘Pedro Páramo’’ . Coloquio foi moderado por Xosé Manoel Rodríguez.

Coa proxección de “Vieiros”, de Laura Gárdos Velo, clausuramos o primeiro Foro Carlos Velo. Unha iniciativa desenvolvida dentro do convenio de colaboración asinado polo Liceo de Ourense e a Fundación. Para presentar a sesión e guiar o posterior coloquio contouse coa presenza de Armando González, membro da Fundación Carlos Velo, e unha das persoas vencelladas ao proxecto de “Vieiros” na rodaxe da parte galega da obra. El compartiu con Laura Gárdos e co seu equipo de rodaxe moitas horas de inquedanzas e esforzos. E sobre esa experiencia, entre outros aspectos, falou na xornada de clausura do foro.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *