O Liceo de Ourense acolleu hoxe, venres, 2 de outubro, o espectáculo de humor ‘Dous rombos… Pasa para a cama’, protagonizado por Sergio Alba. Nesta función Sergio propón unha viaxe ao pasado a través dos recordos e situacións cotiás vividas por varias xeracións. O espectáculo recupera con humor aquela época na que os dous rombos na pantalla do televisor anunciaban que chegara o momento de irse á cama. A proposta parte da nostalxia polos primeiros anos da vida, pero tamén daqueles recordos e situacións que, vistos con distancia, poden resultar menos agradables ou dos que non sempre se sente orgullo.

Sergio Alba combina estes recordos cunha mirada humorística sobre unha etapa marcada pola transformación dos hábitos e da sociedade. O público disfrutou de lembrar así o paso da televisión en branco e negro á cor e os cambios no xeito de entender e vivir a realidade. Durante unhas horas deixamos a rutina dixital para recuperar o lado máis analóxico a través dun espectáculo baseado no humor e a memoria colectiva.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *