Hoxe xoves 12 de novembro no Salón Noble do Liceo de Ourense e proseguindo coa programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, nesta ocasión para lembrar unha grandísima muller Olga Gallego Domínguez. Será no Salón Noble , cunha mesa na que participarán:
Presentou o acto Presindente do Liceo, Xabier Casares, quén ademáis fixo un percorrido pola sua biografía. A continuación Francisco Sandoval, traballador e funcionario no arquivo provincial, destacou a labor de Olga Gallego, o seu recoñecemento fora das fronteiras de Ourense, de Galicia e incluso de España, onde foi recoñecida pola sua labor, a súa xenerosidade e o seu traballo. Por último interviu Francisco Fariña, colaborador incansable de Olga Gallego, amigo estreito, discípulo, aprendiz, e moitas cousas máis da nosa homenaxeada, Fariña con contou dende a súa cercancia a súa personalidade tan abrumadora, a súa forma de enteder o traballo, con algúna anécdota das moitas que viviu e conviviu.
O acto iniciouse e pechouse con dúas extraordinarias intrepretacións musical o violín a cargo de Rebeca Troitiña Durán.