Celebrouse hoxe no Liceo, unha nova edición do «Ciclo Recordando a…» nesta ocasión quixemos lembrar un dos Socios da Entidade que máis fixo polo pasado, presente e futuro da nosa Sociedade, ademáis de gran valedor de moitas entidades culturais e deportivas da nosa cidade, D. José Fernández Borrajo (Presidente do Liceo 03-1956 a 01-1959). Cunha mesa na que participaron, Samuel Lago Fernández, Manuel Cabaleiro Fabeiro, Xabier Casares Mouriño, Mariuca Fernández Salgado, coa presentación de Delfín Caseiro. O acto abriuse e pechouse coa intervención da Coral de Ruada, quén neste caso co-organizaou o acto co Liceo.

E así tal día como hoxe do ano 1850, co permiso do Gobernado Civil; nunha modesta casa co número 14 da rúa Lepanto (hoxe 18), reúniuse a Xunta Xeral Extraordinaria para a constitución da Sociedad titulada Recreo de Artestanos de Ourense. Causan alta na asociación 163 socios que elixen por maioria de votos á primeira Xunta Directiva, presidida por D. Vicente Lobit.

Nos inicios do ano 1870, o Liceo trasladouse o Edificio, Palacio Oca Sarminento, en réxime de aluguer, así ata febreiro de 1957, que sendo Presidente, dende un ano antes, D. José Fernández Borrajo, obxeto deste “Recordando a ….”, adquirése esta propiedade a Dña. María Durán Villanueva, por un importe de tres millóns de pesetas, dous millóns mediante un crédito da Caixa de Aforros de Ourense, e un millón aprazado a pagar en 4 anos. A adquisición do edificio, que dende entón é propiedade dos Socios, foi fundamental para a pervivencia da Sociedade e para a conservación do Pazo, no que ao longo dos anos se fixeron distintas ampliacións e modificacións, sempre respetando as características da construcción orixinal, que data de 1573.

A decisión da compra, ten que ver moito co empeño persoal de Fernández Borrajo, quen tivo que vencer algunhas reticencias neste sentido, por parte dalgúns membros da Xunta Directiva e dos Socios. Xosé Fernández Borrajo foi un home moi implicado na vida cultural e Social de Ourense, pois ademáis de ser presidente do Liceo, presidiu a Coral de Ruada, que hoxe nos acompaña, interprentando algunhas pezas do seu repertorio, e mesmos formando parte de esta homenaxe coa intervención do seu presidente nesta mesa. Así mesmo foi Presidente do Clube Deportivo Ourense; do seu paso pola vida deportiva falaranos Manuel Cabaleiro. Así mesmo presidiu a Cámara de Comercio, foi Presidente del Tribunal Tutelar de Menores de Ourense, Presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Socio fundador da Fundición Pereira dos Santos, Socio fundador de GOISA, primeiro importador de vacas suizas para a producción de leite na sua finca de Piñor de Barbadas, impulsor da construcción do sanatorio antituberculoso de Piñor, propietario de Aguas de Sousas e do Balneario de Caldeliñas en Verin.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *