Onte foi un deses días que se gardan na «memoria» do Liceo, coa celebración do Día Mundial da Poesía como escusa dende o Liceo quixemos rendirlle unha sinxela pero emotiva homenaxe a D. Eduardo González Ananín.  Un acto cargado de emocións, de música, de palabra, de poesía, pero sobre todo de amizade, cariño e admiración por Eduardo Ananín.

Comenzamos «co piano» de D. Ángel Losada, dúas interpretacións que xa nos puñan en  situación, para despois ser o Presidente do Liceo, Xabier Casares Mouriño, o que presentara o acto recordando a Tovar, a Valente, a Pura Vázquez, sen esquecerse do amigo Victor Campio, pero para significar o compromiso de Ananín.

Continuou o profesor Manuel Zabal, dando voltas arredor do «molino de Tibiás», gracias profesor Zabal pola súa brillante intervención.

A música de Emilio Rúa (infinitas gracias Emilio, nunca dís non), introduciunos de cheo nun recital a «flor de piel» con Manuel Blanco e Carmen Lorenzo, co acompañamento musical a guitarra de Jose Luis Troitiña, os poemas de D. Eduardo resoaron nas voces destas dúas persoas que formaron parte do Grupo Dolmen, coa emoción do momento.

Logo dúas sorpresas fora do guión, José Luis Fernández Díaz quiso tamén por musica a súa amizade co poeta, e Marina Sánchez, de Telemiño, non quiso deixar pasar a ocasión de mostar a súa admiración por D. Eduardo.

A voz de Eduardo Ananin para agradecer este acto foi a súa filla Inés, que decir…

E fomos rematando o acto coa intervención da Coral de Ruada que tamén se quixo sumar a este acto coa súa brillante interpretación.

Antes de  rematar esta crónica queremos deixar constancia do noso agradecemento a todos os que estiveron, ou mandaron a súa mensaxe (Marifé Santiago Bolaños e o Profesor Xesús Alonso Montero), pero especial mención para o amigo Manuel Luis Blanco, el foi o verdadeiro artífice de esta xornada.

E así acabou a cousa, como non podía ser de outro xeito que con un grandísimo abrazo en forma de aplausos, de ovación, para o noso homenaxeado EDUARDO GONZÁLEZ ANANÍN.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *