Así, deste xeito co RECITAL MUSICO LITERARIO de EMILIO RÚA e X.C. CANEIRO, coa súa «CANTATA E FUGA PARA CARLOS CASARES», puxemos un punto e seguido neste ano de CARLOS CASARES, un acto cheo de literatura, música, e agarimo para este amigo de todos, o que non esqueceremos nunca, o que votamos tanto de menos, o que está presente sempre.
Dende o Liceo o noso agradecemento para as Institucións que co organizaron este acto, a Diputación Provincial, a Fundación Carlos Casares, e a Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia polo seu patrocinio.
E por suposto a nosa infinita gratitude para Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro, e tamén para todos os que nos acompañastedes na tardiña de onte.