Na tarde de hoxe tivo lugar no Salón Noble do Liceo a presentación do libro «Ribeira Sacra» Guía Practica, da que autor Manuel Garrido. O autor estivo acompañado por Manuel Bragado, de director de Xerais, Xabier Limia, prologuista do libro, Tonino Álvarez, fotografo, e por Rosendo Fernández, Vicepresidente da Diputación de Ourense.

Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva. Os ríos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. No seu lento fluír discorren escoltados polos profundos e grandioso canóns que marcan a fisionomía desta terra. A tradición dos viñedos e os seus excelentes viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura das súas fragas de carballos e castiñeiros; os seus engaiolantes sendeiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo…, todo está recollido e documentado nesta guía práctica escrita por Manuel Garrido. Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas do país.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *