CONCERTO HOMENAXE DA BANDA MUNICIPAL DE OURENSE A D. MANUEL DE DIOS MARTÍNEZ, COA INTERPRETACIÓN DA SÚA OBRA OURENSE NO SOLPOR CO CORO VELLOS AMIGOS DE MANUEL DE DIOS

1.- Banda Municipal de Ourense: FLORISH FOR WIND BAND…. V. WILLIAMS.

2.- Coro Vellos Amigos de Manuel de Dios: A VIRXE DO PORTOVELLO. Letra e Música Manuel de DIOS.

3.- B.M.O.: LA LEYENDA DEL BESO. …………………….. SOUTULLO e VERT.

4.- C.V.A.M.D.: NON, Letra de Antón Tovar, Música Manuel de DIOS.

5.- B.M.O.: TROMBONES MÁGICOS………………. W. LASEROMS.

6. C.V.A.M.D.: CANTO A CASTELAO. Letra e Música Manuel de DIOS.

7.- B.M.O. A MUIÑEIRA DE SEGIS……….. Segismundo FERNÁNDEZ FEIJÓO.

8. C.V.A.M.D.: OURENSE Ó LONXE………. Letra e Música Manuel de DIOS

9.- Banda de Música Municipal de Ourense y Coro Vellos Amigos de Manuel de Dios:

OURENSE NO SOLPOR (Posible Himno da Cidade e a Provincia de Ourense). Letra e Música .. Manuel de DIOS.

Director Banda Municipal de Ourense: D. Francisco PÉREZ RODRÍGUEZ.

Director Coro Vellos Amigos de Manuel de Dios: Juan FEIJÓO SOTO.

Director Banda y Coro: Francisco PÉREZ RODRÍGUEZ.-

NOTA Ó PROGRAMA.

Con este Concerto mixto de Coro y Banda, a Banda Municipal de Ourense quere render un pequeno homenaxe ao insigne Músico, Poeta e Profesor ourensán Manuel de Dios.

A tal fin a Banda Municipal interpretará varias obras do seu repertorio, así como unha Muiñeira da autoría do que fora primeiro Clarinete da Banda Municipal de Ourense, Subdirector e ocasionalmente Director; D. Segismundo Fernández Feijóo. Dáse a circunstancia de que D. Segismundo foi amigo de Manuel de Dios, e mesmo os seus fillos cantan hoxe no Coro “Vellos amigos de Manuel de Dios”, discípulos do gran mestre.

Alternando coa Banda actuará o Coro “Vellos amigos de Manuel de Dios”, tamén con obras da autoría, tanto na letra como na música do autor que lle da nome ao Coro.

Finalmente as dúas agrupacións interpretarán unha versión da obra “OURENSE NO SOLPOR”, creada por Manuel de Dios, letra e música, e concibida como posible Himno de Ourense. O coro cantará a unha soa voz e a Banda acompañará cunha versión instrumentada polo Clarinetista e ex Director da Banda D. Nicanor Domínguez, baseándose na versión orixinal para coro, a catro voces, do propio autor. Trátase da primeira vez que se interpretará con este formato de Banda e coro a unha voz, e constitúe a antesala de que as Corporacións responsables de Ourense, Cidade e Provincia, Concello e Deputación, dispoñan dos antecedentes necesarios para adoptaren o acordo de elevar a creación de De Dios á categoría de Himno Oficial da Cidade e da Provincia de Ourense. O Mestre de Dios é Medalla de Ouro da Provincia de Ourense e o Concello tamén prevé resolver un expediente de honra que homenaxeará a súa dimensión tanto artística como humana.

Finalmente cómpre sinalar, segundo palabras do Profesor D. Arturo Fernández Nóvoa que “a música desta obra final do programa ten un ritmo procesional, cunha tonalidade accesible ó publico en xeral e cunha melodía doada de cantar. A letr É, adaptación á música dunha das súas poesías, e nela o autor-poeta, a carón do Río Miño, vai urdindo a cantiga da saudade no atardecer da nosa cidade, a que identifica coa patria do corazón”. A canción, como se pode apreciar desborda ourensanismo e ourensanía, retratanto o espírito e a melancolía de Auria.

OURENSE NO SOLPOR

Na ribeira do Miño que acariña/

meu fogar, miña xente, meu amor,/

vou tecendo a cantiga de saudade,/

cando Ourense esmorece no solpor.

Ourense, gracia dun soño en flor;/

Ourense, brétema que doura o sol;

Ourense, gloria dun ben mellor;

Ourense, patria do Corazón” (bis).

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *