Nova edición no Liceo de Ourense do ciclo de “Falando con”, nesta vez con Fernando Alañón, Maxistrado do TSXG. Nunha hora e poucos minutos, fíxose un repaso á situación actual da Xustiza, nestes tempos tan convulsos e críticos. Fernando Alañón, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, contestou ás preguntas de Armando González López, Directivo do Liceo, ante un público atento e interesado, como demostraron as múltiple preguntas realizadas por este, ao final do acto.  ¿É xorda a xustiza amais de cega? referíndose aos xuízos paralelos na rúa e nos medios. ¿Deben escoller os Partidos Políticos aos representantes xudiciais e da fiscalía? ¿Existe a presunción de inocencia na lei do “Só o Si é Si?¿Cúmprese co Plan Galego de Normalización Lingüística” no mundo xudicial? e outras moitas cuestións que quedaron aclaradas.

O noso agradecemento a Fernando Alañon por participar neste ciclo e todas as personas que nos acompañaron nesta edición.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *