A Deputación ratifica o seu apoio á actividade do Liceo.

O presidente da Diputación provincial, Luis Menor,  recibiu a xunta directiva do Liceo no pazo provincial, no que Luis Menor anunciou que o organismo provincial apoiará o funcionamento e colaborará nas obras de conservación.

O Liceo é unha das referencias da actividade cultural na cidade. Sexa polas actividades propias ou por colaborar deixando as súas instalacións para desenvolver alí todo tipo de propostas, a sociedade é a que acolle máis iniciativas ao longo do ano. Tradicionalmente veñen contando co apoio da Deputación e ese compromiso foi ratificado este mércores polo presidente da institución. Luis Menor recibiu á directiva do Liceo, encabezada polo seu presidente Xavier Casares, e manifestou o seu apoio e cooperación cunha institución histórica que conta cunha grande implantación social e se ten distinguido pola defensa dos valores culturais de Ourense. Haberá axudas para a actividade e para as obras de conservación. «A cooperación ten como fin posibilitar que todo o tecido cultural e social que xira en torno ao Liceo se manteña e poidan seguir a desenvolver o seu traballo as entidades que alí teñen acollida», sinalou Luis Menor.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *