Proseguindo coa programación do Liceo no ambito músical, e coma neste caso na música clásica, o guitarrista ourensán Xosé Antonio Rodríguez ofreceunos un precioso concierto cun programa que incluíu obras de Tarrega, Piazzola, LLobet, Barrios, ou a presentación de unha obra da tamén ourensá, a pianista, compositora e tamén boa amiga do Liceo María Mendoza. Como sempre, querido Xosé Antonio, tes as portas abertas deste Liceo, que é a túa casa.