Onte  o profesor, investigador e crítico literario Ramón Nicolás presentou no Salón Noble do Liceo, FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO VIDA E OBRA DUN OBREIRO DO GALEGUISMO,  acompañado polo tamén profesor e coordinador da sección de literatura do Liceo Delfín Caseiro.

Francisco Fernández del Riego

Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida.

Del Riego era partidario da policromía da vida e das mil pequenas cousas da existencia diaria que, no fondo, nos definen. Nelas estaba –e está– a temperatura afectiva de Fernández del Riego, a súa cálida humanidade, a súa apertura vital e a súa recoñecida ductilidade. […] Con ou sen Cosme, o seu labor na prensa, na de aquí e na da diáspora, constitúe, neses  rimeiros anos, a crónica precisa das distintas manifestacións do noso renacente discurso literario e do cautelosísimo galeguismo desas dificilísimas datas. […] a biografía moral e intelectual de Francisco Fernández del Riego é xa un capítulo moi importante do noso patrimonio espiritual.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *