Hoxe tivo lugar una Conferencia de Olga Pastor sobre a «colección de arte do Liceo de Ourense». Olga Pastor é Historiadora da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela con un master en mercado de arte e arte actual pola Universidade Antonio de Nebrija de Madrid. Actualmente dedícase ao marketing e comunicación cultural ademais de facer comisariados e organizar eventos culturais. Foi profesora de arte na xa desaparecida Universidade popular de Ourense e traballa incansablemente con un amplo grupo de activistas para a futura restitución da mesma. Viviu en Santiago, Coimbra, Oviedo, Madrid, Roma e Londres. Leva 5 anos en Ourense e non quere marchar.
Durante os 172 anos de historia da nosa Entidadade , as distintas xunta Directivas do Liceo procuraron sempre apostar pola cultura artística da cidade, facilitando os seus espazos para exposicións de artistas de todas as disciplinas, tanto a nivel local como nacionais ou internacionais. Por iso, cos anos, foise facendo con unha interesante colección de arte que merece ser estudada e mostrada a toda a xente interesada no patrimonio ourensán.
Un dos puntos mais interesantes desta cita case obrigatoria para as persoas que habitan Ourense, é que durante soamente uns días mostraranse todas as obras de valor da colección na terceira planta do edificio histórico.