Na tarde de hoxe 23 de febreiro, O Liceo de Ourense dentro da programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, quixo lembrar nesta ocasión unha das persoas máis importantes na historia da Sociedade liceísta, Álvaro Rodríguez Casasnovas, quen foi secretario e  Socio de Honra desta  entidade máis de 30 anos.

Nunha mesa na que participaron Xabier Casares Mouriño, quen resaltou a súa calidade humana, a súa amizade, a súa devoción por Messi e o Barcelona, e as tertulias arredor don xantares dos venres.  Paco González Sarria, falounos da súa relación arredor da creación e posta en marcha da Revista «El Liceo», que editaba esta sociedade que da que el era o director, como non nos falou da sua amizade arredor da peña «dos alvaritos». Xoan Ignacio Fonseca Moretón, fixo un relatorio arredor da vida do Liceo, das xunta directivas desta entidade, ou dos Encontros Literario. Por ultimo  José Luis Troitiña Mota, destacou del, dende a súa relación persoal da súa convivencia de centos de horas no Liceo, a súa xenerosiade, o seu traballo e amor polo Liceo, a súa lealtade e amizade con Xosé Carlos Martínez-Pedrayo, co que compartiu a labores Presidencia e Secretaría do Liceo durante máis de 30 anos, a súa labor o frente do Persoal da entidade liceísta. Tamén o quixo recordar dende o público o compañeiro de Xunta Directiva Francisco Blanco.

O acto abriuse e pechouse cunha intrepretación musical  o piano a cargo de José Luis Fernández Carnicero.

En definitiva unha tarde de emocións contidas onde recordamos a Alvaro Rodríguez Casasnovas, unha persoa extraordinaria e que foi fundamental na historia do Liceo.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *