Hoxe sábado 21 de novembro , tivo lugar o Recital “A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada” no Salón Noble do Liceo de Ourense, un espectáculo extraordinario, de un luxo e calidade increíbles, a cargo da pianista Rosa Torres-Pardo e a actriz Lucía Álvarez, que interpretaron no Liceo o seu particular homenaxe á poeta Rosalía de Castro.
Esta actividade forma parte do Ciclo cultural «AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS», o amparo do «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia», a quen lle queremos dar a gracias por acoller tan ben esta idea.
A pesar de ser unha das poetas máis recoñecidas, a súa obra é inabarcable e queda moito por afondar. A súa faceta musical é moi descoñecida. Tocaba varios instrumentos. Sen ninguna dubida esto influiú na súa poesía. O gran abanico de rexistros que hai na súa obra fainos tomar conciencia do adiantada que foi para o seu tempo no sentido máis amplo da expresión. Tampouco se sabe moito sobre a gran influencia que Rosalía exerceu sobre García Lorca. Tanto influiron a súa poesía e a súa figura que Federico viaxou a Galicia na súa búsqueda e escribiu seis poemas no seu idioma: o galego. Difícil é disociar a música e a poesía na obra destes duos artistas. Porque unha nutre inevitablemente a outra e viceversa.
Esta idea é a que uniron o piano de Rosa Torres-Pardo á voz de Lucía Álvarez. Nun “monólogo a dous” donde os roles se invirten –ou se suman-. O piano comeza a recitar donde a poesía se fai música, dando lugar a este orixinal concerto nun monólogo a dous.
Esta actividade levouse a cabo con todas as medidas e os aforos derivados do Covid-19.
Gracias a todos os que acudistes, e todos aqueles, que foron moitos que quedaron sen sitio poderan velo no siguiente enlace.
Gracias tamén os Albino e María de Prosoda polo seu traballo no son e nas Luces, e Jose de Provideo pola gravación.