Presentouse hoxe no Liceo de Ourense  o libro de Rafael Laso, «Carlos Casares, o amigo das palabras», acompañando o autor estivo Delfín Caseiro e José Luis  Troitiña (Sustituindo a Xavier Casares) para conversar arredor de Casares.

Pasada unha década da morte de Carlos Casares, xúntanse neste libro as voces dos amigos do escritor.

Trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, o coñeceron persoalmente. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores universitarios, políticos, editores, libreiros… Todos eles van debullando un retrato do autor de ILUSTRÍSIMA: as calidades da súa escrita, o seu traballo de editor, as facetas da súa personalidade. Un libro de homenaxe que inclúe unha biografía rigorosa e sucinta, a cronoloxía da súa obra e un álbum fotográfico no que se reflicten momentos sinalados da súa vida.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *