O Liceo de Ourense continúa a programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia e nesta ocasión foi a figura do grandísimo pintor Manuel Prego de Oliver, e tivo lugar , no Salón Noble da Entidade onte 31 de xaneiro , cunha mesa redonda na que participaron, Camilo Franco quén nos falou da súa visión dende o periodismo de un noviño informador e das relación e conversas co pintor. Natalia Figueiras Pimentel, quen fixo un percorrido rapidísimo pero moi exaustivo pondo en valor a súa obra; e por último Xabier Limia Gardón, que nos falou da súa relación persoal, e destacando a grandísima personalidade de Prego de Oliver. Todo moderado Delfín Caseiro. O acto abriuse e pechouse con unha intrepretación maxistral de dous tangos co violín a cargo de Rebeca Troitiña Durán.
Por último recordar o noso agradecemento permanente o Grupo PÉREZ RUMBAO polo seu apoio a esta iniciativa.