O LICEO DE OURENSE
Xoves, 04 de abril de 2013
20.00h – Entrada libre até completar aforo
—————————————————

Samuel Diz presenta Guitarra Clásica Galega

O guitarrista tudense Samuel Diz presenta o vindeiro xoves 04 de abril ás 20h no Liceo de Ourenseo seu novo traballo discográfico Guitarra Clásica Galega. Un proxecto artístico e de investigaciónadicado á recuperación da identidade e historia da guitarra clásica en Galicia, publicado polaeditorial Ouvirmos, co apoio do AGADIC.Un traballo no que se reúnen diferentes obras orixinais, inéditas e esquecidas na súa meirandemairoía, onde Ourense ten unha especial mención por vía dobre. En primeiro lugar polarecuperación histórica da serie de valses Violetas que José Fernández Vide (1893 – 1981) escribiuen 1930 no Centro Gallego de La Habana. Unha recuperación publicada no ano 2011 a cargo domusicólogo e editor Javier Jurado. Manuel Herminio Iglesias, nado en 1949, firma a segunda obrarelacionada coa cidade, nun arranxo e adaptación para ás seis cordas da tradicional melodía Alaláde Noia, publicado en 2012 dentro dunha colección de 24 pezas para guitarra da súa autoría.Ademáis, para a ocasión, o intérprete recuperará por vez primeira unha miniatura do músico ebarbeiro ourensán Ramón Gutiérrez Parada, partitura publicada na casa italiana Il Plettro faiexactamente agora 100 anos, en abril de 1913: Flores de España.O concerto, de entrada libre até completar aforo, enmárcase nunha xira que levará o músico SamuelDiz a presentar o seu traballo en Ourense, Compostela, Granada e Madrid no presente mes.

—————————-

Máis información
http://guitarraclasicagalega.blogspot.com.es/
—————————-

pequena liceo ourense 04 abril cartaz samuel diz

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *