BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//EL LICEO DE OURENSE - ECPv4.6.19//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:EL LICEO DE OURENSE
X-ORIGINAL-URL:https://www.liceodeourense.com/2.0
X-WR-CALDESC:Events for EL LICEO DE OURENSE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC+1:20260207T110000
DTEND;TZID=UTC+1:20260207T180000
DTSTAMP:20260315T145255
CREATED:20260203T113423Z
LAST-MODIFIED:20260203T114532Z
UID:18153-1770462000-1770487200@www.liceodeourense.com
SUMMARY:Roteiro Valentín Lamas Carvajal.- CONSELLO DA CULTURA GALEGA.
DESCRIPTION:\n\nRoteiro Valentín Lamas Carvajal\n7 de febreiro de 2026 ás 11:00 horasOurense\n\n\n\nO día 7 de febreiro de 1876 naceu en Ourense O Tío Marcos d’a Portela\, un xornal satírico e de opinión escrito integramente en galego\, no contexto do Rexurdimento. Promovido por Valentín Lamas Carvajal (Ourense\, 1849-1906) e con periodicidade quincenal\, chegou a ter unha tiraxe de 4.000 exemplares\, o que o converte no gran pioneiro dos medios de comunicación en galego. A sátira e a retranca para denunciar o caciquismo\, as inxustizas sociais e a marxinación da lingua galega están presentes nunha cabeceira entre cuxos colaboradores atopamos escritores e intelectuais galeguistas como Eladio Rodríguez González\, Gonzalo López Abente\, Antón Losada Diéguez\, Manuel Lugrís ou Victoriano Taibo.\nPara conmemorar o 150 aniversario desta publicación\, unha comisión integrada pola Deputación de Ourense\, o Consello da Cultura Galega\, a Xunta de Galicia\, a Real Academia Galega\, o Concello de Ourense\, a Asociación de Medios en Galego\, La Región\, o Liceo de Ourense\, a Coral de Ruada\, a Fundación ONCE e familiares de Valentín Lamas Carvajal\, baixo a coordinación de Afonso Vázquez Monxardín\, estableceron un programa de actividades que inclúe\, entre outras\, un roteiro\, un xantar popular\, un concerto\, especiais en prensa\, xornadas de divulgación e a dixitalización da colección completa da cabeceira.\nAs citas comezan na véspera da efeméride\, o día 6 de febreiro\, cunha xornada organizada pola AMEGA\, a Asociación de Medios en Galego\, na cidade de Ourense que versará sobre “Intelixencia artificial e desinformación” e unha foliada.\nROTEIRO\nO propio día 7 de febreiro o Consello da Cultura Galega organiza un roteiro guiado por Afonso Vázquez Monxardín. O punto de encontro para as persoas participantes é a entrada do Cemiterio de San Francisco (Ourense) ás 11:00 horas\, para posterior visita ao mausoleo de Valentín Lamas Carvajal. O itinerario a pé conta con paradas nos lugares máis emblemáticos da vida e obra do autor ourensán ata rematar ás 13:15 horas no Liceo de Ourense. Alí a Coral de Ruada fará un pequeno recital de homenaxe antes do xantar\, que comezará ás 14:15 horas no propio Liceo.\nPara asistir ao roteiro é necesaria inscrición previa no formulario que figura nesta páxina e o número máximo de participantes establécese en 50 persoas.\nXANTAR\nCon motivo desta celebración\, o Liceo de Ourense organiza un xantar. As persoas que desexen participar poden retirar as tarxetas de inscrición no Liceo de Ourense ou ben contactar co Liceo no correo liceodeourense@hotmail.com ou no teléfono 988 220 650\, antes do 3 de febreiro. O menú consiste nun cocido e o prezo é de 30 euros.\nValentín Lamas no Álbum de Galicia\nhttps://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2133\n\n\n
URL:https://www.liceodeourense.com/2.0/?tribe_events=roteiro-valentin-lamas-carvajal-consello-da-cultura-galega
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.liceodeourense.com/2.0/wp-content/uploads/CCG_ac_2026_marcos-tio-da-portela1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR