O grandísimo SIRO LOPEZ estivo hoxe no LICEO de Ourense falandonos «DO CASARES», unha conferencia diverstidísima na que nos contou as vivencias en común con Carlos Casares, o humor de Casares, e os seu recordos, estamos seguros que algunha tamén gardou para si «O Siro», e animámolo a que as escriba para que perduren para sempre. GRACIAS SIRO pola túa AMIZADE co Liceo e os liceístas, e por traernos o CASARES humorista.
A presentación do acto correu a cargo do directivo do Liceo Xan Fonseca, e as fotos son obra da nosa amiga Marila Abad.