Presentouse nesta mañá unha nova obra de CASARES, desta vez da mán de RAMÓN LOUREIRO, amigo, confidente, de CASARES, polo tanto unha obra feita dende as emocións, os sentimentos da nostalxia.

Loureiro viaxa a través da súa propia memoria para construir un volume estruturado en tres bloques: o primeiro á case unha carta, unha carta que vai dirixida tamén aos lectores do futuro; o segundo é unha viaxe pola biografía de Casares; e por último, a conversa, nalgúns sentidos xa case lendaria, que Carlos e Ramón mantiveron uns días antes da morte do autor de Vento ferido. Inclúe este libro, ademáis, doce fotografías tomadas por Ramón durante aquel último encontro. As fotografías, que non naceron para ser publicadas, e que nos amosan a Casares días antes do seu inesperado falecemento, adquiren hoxe un valor excepcional.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *