Onte tivo lugar no Liceo de Ourense a presentación de «Carlos Casares, un contador de historias» . Un acto no que o autor desta biografía, Henrique Monteagudo, estivo acompañado Xavier Casares, presidente da Fundación Carlos Casares e do Liceo de Ourense,   e tamén do escritor Víctor Freixanes.

Unha biografía concisa e moi ben documentada, do escritor Carlos Casares, na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *