Luís Emilio Batallán cumpría corenta maios desde que sacou o seu primeiro disco: “Ahí ven o maio”. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70´ e que o converteu no disco máis vendido de todos os tempos. Médico de profesión durante moitos anos, agora, Batallán céntrase ao 100% na música.

O pasado sábado 3 de marzo o  Liceo de Ourense vestiuse de gala para recibir a Luís Emilio, alcumado por D. Álvaro Cunqueiro como Lord Batallán. Luís Emilio chega a este concerto co seu novo disco debaixo do brazo e con moitísima ilusión de facer vibrar aos santiagueses coa súa música. “Ourense é a cidade termal: fai quecer a nosa inspiración e respira cultura, poesía e música polos catro costados” afirma Batallán.

O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal, máis arriscado. Adicado a súa nai Ofelia, recentemente desaparecida, 70 y 29 recolle ritmos caribeños, ritmos de bossa-nova, bachata e merengue, incluso reggaetton. Se é que Batallán xa ten rédito e experiencia como para facer o que lle veña en gana. Batallán, en estado puro.

«Video do Diario La Region»

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *