Arrincamos a XXVI edición dos ENCONTROS LITERARIOS «CARLOS CASARES», (unha edición que pertence o ano 2016). E arrincamos coa conferencia de ELISA VÁZQUEZ DE GEY.  Unha intervención apasionada e apasionante sobre a creación litearia, e a procura dos personaxes da súa ultima novela «UNA CASA EN AMARGURA», con aportacións e descubrimentos, que porque non decilo,  nada desexables para acontecer no século XIX sobre a escravitude de 1.500 galegos na Habana de ese tempo.

Certamente foi un disertación ben interesante, moi explicativa y con unha calidade literaria das que merece a pena non perderse.

Elisa Vázquez de Gey ( Lugo, 1955 ).

Licenciada en Filoloxía Románica ( Francés ) pola Universidade de Santiago de Compostela. Até hai moi pouco, exerce como docente en diversos institutos de Galicia.

As súas primeiras creacións literarias son tres poemarios: Versos sin rimmel (1984), Queimar as meigas: Galicia 50 años de poesía escrita por mujeres (1988) e Atentamente suya (1994).

O personaxe esquecido de Ana Delgado Briones, bailarina e princesa de Kapurthala, protagonista dunha extraordinaria historia de amor, vai provocar auténtica fascinación na escritora a partir dun encontro coa sobriña desta, converténdose en asunto de sucesivas publicacións. Anita Delgado, Maharaní de Kapurthala (1998), a única biografía autorizada sobre a diva, ten sido reeditada varias veces en España e conta con traducións ao inglés e ao alemán. A novela histórica El sueño de la Maharaní (2005) recrea a fantástica vida da princesa. A partir de novas indagacións e da descuberta de documentación inédita, no ano 2008 aparece unha nova biografía, La princesa de Kapurthala. Escribe o guión para unha película e ocúpase da tradución dos diarios e do libro de viaxes da aristócrata.

Despois de moitos anos de investigación e documentación, de innúmeras e laboriosas viaxes, a autora publica Una casa en Amargura (2015), a súa obra magna, ambiantada na Cuba colonial (século XIX), recreación fastinante da existencia de amos e criados nas elegantes casas da Habana. Por esta longa novela, escrita con estilo detallista e dinámico, desfilan ricos españois, damas crioulas, chineses, africanos, galegos, con especial atención á vida das mulleres, libres e escravas.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *