A Enciclopedia del Románico recolle os 180 vestixios documentados en Ourense

15252678_566630880199681_3042929834882344351_o

* O presidente da Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, José María Pérez “Peridis”, presentaba hoxe no Salón Nobre do Liceo de Ourense os dous dos tomos correspondentes á provincia, incorporados xa á Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica.

* A presentación contou coa participación, entre outros, do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, Román Rodríguez González; do director de Área de Negocio de CaixaBank en Ourense, Fernando Garza y do delegado de Red Eléctrica de España en Galicia, Carlos González, en representación das institucións e entidades que fixeron posible a obra.

* O románico de Ourense recolleuse en dous tomos, que compilan os 180 testemuños documentados na provincia,ilustrados con máis de 1.500 fotografías e planos.

* A publicación forma parte dun proxecto moito máis amplo, a Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica, no que a Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico leva traballando máis de dúas décadas e no que participaron máis dun millar de investigadores.

Os dous tomos do románico en Ourense, editados pola Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, actualizan os estudios realizados ata o momento e súmanse a unha colección moito máis ampla, a Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica, na que a Fundación leva traballando máis de dúas décadas e que con esta publicación alcanza os 48 tomos; un proxecto que, unido ao portal Románico Digital, está servindo para contribuír á difusión internacional do románico da Península Ibérica.

“Cando hai catorce ano presentábamos os primeiros tomos da Enciclopedia del Románico en Castilla y León, nin sequera sospeitábamos que estabamos poñendo a primeira pedra dun edificio que co paso do tempo ía adquirir unha forma cada vez máis definida: a Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica”, explicaba Peridis aos amigos, afeccionados e investigadores que se congregaron hoxe no Salón Nobre do

Liceo de Ourense para asistir á presentación destes tomos, que se suman aos de Pontevedra e A Coruña.

Na súa intervención Peridis estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta, Román Rodríguez González; o director de Área de Negocio de CaixaBank en Ourense, Fernando Garza; o Delegado en Galicia de Red Eléctrica de España, Carlos González Patiño, como parte as institución que fixeron posible a obra.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, resaltou a magnitude da obra e a súa capacidade para achegarlle ao gran público a arte románica que se estende por toda Galicia, que define e caracteriza á nosa terra. Ademais, o titular de Cultura valorou a capacidade deste tipo de traballos de investigación para crear conciencia, aumentando o orgullo e recoñecemento sobre o gran valor colectivo do noso patrimonio. Finalmente, o conselleiro aludiu ao valor universal do románico en Galicia, lembrando a excelencia representada polo Mestre Mateo que, desde este luns, se exhibe de xeito monográfico no Museo do Prado.

De feito, a edición dos tomos de Ourense foi posible grazas á implicación da Obra Social “la Caixa”, Red Eléctrica de España, Xunta de Galicia, Fundación ACS, Fundación Ramón Areces e os Ministerios de Cultura, Fomento y Empleo. Igualmente, contaron coa colaboración doutras institucións como a Diocese de Ourense ou a de Astorga ou a Fundación Universidade da Coruña. Así, entre os presentes, estaban tamén o Bispo da Diocese, Leonardo Lemos; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández Fernández ou presidente do Consejo de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

O representante de “la Caixa” en Ourense, Fernando Garza, suliñou na súa intervención a súa satisfacción por poder ofrecer aos cidadáns da provincia unha obra tan rica e exhaustiva sobre un das principais sinais de entidade da provincia como é o seu patrimonio de orixe medieval.

Enciclopedia del románico en Galicia

Neste caso, a Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, contou coa colaboración de José Carlos Valle Pérez, do Museo de Pontevedra, e con José Ramón Soraluce Blond, da Universidade de A Coruña, para supervisar e coordinar ao equipo de traballo, tanto no caso dos estudio históricos, como nos levantamentos planimétricos.

Ambos dirixiron un equipo integrado por historiadores e arquitectos, que, tras varios años de traballo na provincia, de investigación e estudios previos, conseguiron documentar un total de 180 testemuños románicos repartidos por 166 poboacións.

En todos os casos, o lector poderá encontrar información acerca da localización da peza ou testemuño, a súa historia e evolución. Do mesmo modo, sempre se recollen fotografías dos elementos máis destacados e planimetrías do monumento en cuestión, para permitir unha mellor comprensión e análise. Ademais da catalogación de monumentos, ordenados alfabéticamente e por localidades, os tomos de Ourense, dos que se editaron 1.500 exemplares, inclúen tres estudios previos que nos permiten

afondar en aspectos como as características da provincia na Idade Media, a arquitectura ou a escultura románica.

Os tomos de Ourense súmanse aos xa publicados con anterioridade de A Coruña (2) y Pontevedra (2). Espérase poder completar o estudio do románico galego en 2017 coa publicación dos tomos correspondentes a Lugo.

Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica

Uns e outros sumaranse á Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica, un dos proxectos editoriais máis ambiciosos da Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico e un dos maiores esforzos de documentación do patrimonio cultural do noso país.

A obra dirixida por Peridis ten como meta achegar, tanto á comunidade científica como ao gran público, unha completa visión da arte románico e, a través del, de toda unha época, das súas xentes e da súa historia. O traballo fundaméntase na súa exhaustividade, o seu carácter metódico, o compromiso acadado entre o científico e o accesíbel, a súa riqueza gráfica e unha coidada edición; aspectos que lle fixeron merecedor do Diploma Europa Nostra á mellor labor editorial en 2003 e que levaron a colección ás principais librerías e bibliotecas internacionais.

Con esta última incorporación, a Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica suma 48 tomos, correspondentes a Castela e León (17) Asturias (2 de románico y 2 de prerrománico), Cantabria (3), Navarra (3), Madrid (1), A Rioxa (2), Guadalaxara (2), Cuenca (1), Zaragoza (2), País Vasco (3), Pontevedra (2), A Coruña (2), Barcelona (3), Tarragona (1) y Ourense (2).

Un inxente traballo que, tal e como sinalou Peridis, no tería sido posible sen a implicación de máis dun millar de investigadores “historiadores, arqueólogos, arquitectos, delineantes, fotógrafos, estudantes de arquitectura, documentalistas, cartógrafos, tradutores, editores…” A todos eles agradecíalles Peridis o seu esforzo, así como, “ás numerosas persoas e institucións e que participaron no proxecto e aínda participan, a quen lle debemos moitos”, sinalou.

A Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, un proxecto cultural desde Castela e León é unha entidade privada sen ánimo de lucro, que ten como misión fundamental promover iniciativas de desenvolvemento sostible baseadas no estudio, investigación, restauración, conservación e difusión do patrimonio natural, social e cultural.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *