Nun día espectacular, cunha xente maravillosa, pasamos o domino 14 de marzo por terras de Arousa. Oitenta liceistas quixemos compartir a amizade e a convivencia, nestas terras moitas veces atravesadas, pero en poucas ocasións visitadas, para dedicarlles un día.
A nosa primeira visita foi a Igrexia parroquial de Santa Eulalia en Villagarcía de Arousa, para despois visitar a Igrexia do Convento das Agustinas no entorno do Pazo de Vista Alegre.


A nosa seguinte parada foi en Carril para visitar a Igrexia Parroquial de Santiago, onte nos antendeu moi agarimosamente o seu párroco D. José Antonio.

Foto do grupo completo.


Despois de un abundante e apetitoso xantar no Restaurante Alte-Frankfurt en Vilanova de Arosua, foi o turno da Casa-Museo don grandísimo escritor D. Ramón del Valle Inclán, onde nos atenderon cunhas explicacións moi sereas, documentadas e ben expostas, queremos deixar constancia do noso agradecemento.


A derradeira parada e visita foi a Illa de Arousa, onde dando un paseo polo seu casco histórico chegamos a Igrexia de San Xulian.


Unha posta de sol impresionante despediunos de Arousa, nun día moi agradable, cheo de amizade, na que os liceistas pasamos unha nova xornadas desas que fan que esta Sociedade cultural cada día sexa máis importante para as nosas vidas. Graciñas a todos os que o fixeron posible.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *