No Salon Noble do Liceo de Ourense tivo lugar esta tarde un acto de celebración da Concesión da “Medalla de Ouro da Cidade de Ourense” e do seu 175 ANIVERSARIO. O acto conducido por Juan Maceiras contou coa participación da nosa Coral.
As intervencións das autoridades iniciaronse co Alcalde da Cidade, D. Gonzalo Pérez Jácome, quen reiterou as palabras pronuciadas no Salón de Plenos do Concello, trasladando os parabéns do Concello á entidade: “esta medalla brilla hoxe nas vosas vitrinas, pero a súa luz reflicte a gratitude de todos os veciños de Ourense. Moitas grazas por recibirnos na casa de todos”, definindo o Liceo como «un baluarte de serenidade e de saber facer, e o gran punto de unión da capital», subliñando que se trata dunha entidade que xera consenso e que está «por riba de calquera conxuntura», afirmou que “a medalla que hoxe recibe a entidade leva incrustada a gratitude de xeracións de ourensáns”.
A continuación foi D. Manuel Pardo Cid, Delegado territorial de la Xunta de Galicia en Ourense, que destacou o papel do Liceo o longo destes 175 anos, ademáis de achegar unha mensaxe de felicitación do Presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda.
A seguinte intervención foi a de D. Luis Menor Pérez, Presidente da Deputación de Ourense, quen puxo en valor o Liceo de Ourense como “baluarte da cultura”, reafirmando o compromiso da Deputacón de Ourense coa nosa Entidade.
D. Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente Parlamento de Galicia, non quiso faltar tampouco a esta cita no Liceo, e con unha intervención moi persoal, ademáis de felicitar o Liceo e a todos os seus Socios recordou as súas primeras visita a este Pazo dos Oca Valladares.
Pechou as intervecións o Presidente do Liceo, D. Xabier Casares, para en primeiro lugar e en nome dos socios do Liceo e da sua Xunta Directiva, agradecer ao Alcalde do Concello de Ourense e á Corporación Municipal, a Concesión da Medalla de Ouro da Cidade, ao Liceo de Ourense. A continuación foi facendo un percorrido pola historia da nosa Sociedade, dende a fundación o 3 de marzo de 1850 na quel número 14 da rua da Obra, hoxe Lepanto, onde nacía unha sociedade, co nome de Recreo de Artesanos de Orense. Os impulsores foron 163 amigos das artes e da cultura, que elixiron como primeiro Presidente a Dn. Vicente Lobit. As primeiras reunións daquela Xunta Directiva son crear a Academia de música, a sección de Declamación, e a sección de Poesía e Literatura; outro foi arrendar unha casa que reunira condicións para albergar á sociedade. Decídese pola casa Gullón, ubicada na rua Monterrei. En 1.870, o Liceo, toma en arrendamento o Pazo renacentista dos Oca Valladares, levantado no século XVI; hoxe considerado Ben de Interés Cultural. O día 2 de febreiro de 1.957 lévase a cabo a sua compra, pasando a ser propiedade dos socios. Polo tanto desde o ano 1.870 a vida social e cultural desenvolvese nesta casa.
No momento actual, e como visión de futuro, o Liceo, fiel ao pensamento dos seus fundadores, que entenderon que a Sociedade, ademáis de considerarse un lugar de descanso e recreo nas horas de ocio, tería que servir, así mesmo, á realización de actividades educativas, como cursos, seminarios, mesas de debate, e actos de diversas clases, que ademáis de significar un enriquecemento dos coñecementos dos asociados, e dos cidadans de Ourense, leve á formación de colectivos xeneradores dunha actitude cívica e tolerante, base do “principio de civilización”, desexado polos primeiros liceistas.
Esta distinción, que é un recoñecemento da cidade o labor desenvolvido polo Liceo durante 175 anos, obriga a esta Sociedade a seguir coa mesma filosofía de ser un centro de cultura que enriqueza a Ourense, e aos ourensans. Este premio, é un estímulo.
Antes de rematar, Xabier Casares fixo un agarimoso recordo para os tres presidentes que o precederon: Dn. José Fernández, Dn. Amando Prada Castrillo e Dn. José Carlos Martinez Pedrayo, ademáis de o agradecemento polo traballo do xerente da Entidade, José Luis Troitiña.
O acto rematou coa interpretación do Himno do Liceo pola nosa Coral.
Moitas gracias a todos os que nos acompañaron neste acto tan importante para historia do Liceo, ademáis das persoas que interviron aquí estiveron moitos Socios do Liceo, o Excmo. y Rvdmo. Sr. D. Leonardo Lemos Montanet Bispo Diócesis de Ourense, Rosendo Fernández, Carmen Leyte, Celso Delgado, membros dos Grupos Municipales de Democracia Ourensana, Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista, membros do Foro Liceo.